Centro fundado en xaneiro do 1990, sendos aprobados os seus estatutos, redactados en lingua galega, en asamblea xeral celebrada o día 16 de marzo de 1991. No acto inaugural deste centro participaron importantes personalidades, representando á Xunta de Galicia o Iltmo. Sr. Secretario Xeral de Realcións coas Comunidades Galegas, D. Amarelo de Castro, ó goberno central español os Ilmos. Sres. D. Rafael Linage e D. Octavio Cabezas, Cónsul General en Zurich e Consejero Laboral en Berna, respectivamente, e en nome da administración suiza asistiu o Sr. Alcalde de Zug e demais membros do seu gabinete.

Foille recoñecida a galeguidad en xuño do ano 1992, e hoxendía conta cun total de 82 familias como socios, das cales 75 familias son galegas. Nos últimos anos este número foi baixando, pois no momento da súa creación había 150 familias asociadas.

Dispón de instalacións propias, repartíndose o local en duas prantas: na primeria conta ca cociña, bar, sala e no sotano sitúase a sala de actividades sociolaborais, a biblioteca, a secretaría e dous almacens.

Destacar que a biblioteca dispón nestes intres de algo máis de 3.000 volumes; e ademai, no seu conxunto, o centro está dotado coas infraestructuras tecnolóxicas máis avanzadas: ordenador, impresora, fax, fotocopiadora, correo electrónico, etc

A directiva está presidida por D. Pedro Hombre desde os seus inicios; persoa loitadora pola defensa dos dereitos sociais, laborais, culturais, … dos galegos de Zug.

O seu presidente foi tamén membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas durante o período 2000-2003, e ó final da súa etapa fixo un balance moi positivo destes tres anos de traballo, con especial incidencia naqueles programas que desde a Xunta de Galicia se foron poñendo en marcha para os galegos e galegas da diáspora.