No que atinxe ás accións formativas, organizan:

  • Cursos de danza, música e confección de traxe tradicional
  • Cursos de baile galego
  • Cursos de gaita.
  • Xuntanzas gastronómicas
  • Exposicións.

Dúas seccións acaparan a atención especial do Centro: O Grupo de Danzas do Centro Galego e o seu equipo de fútbol.

O grupo de danzas obtivo numerosos éxitos, tendo actuado en diversos recitais de música e folclore galego en Hannover, Hamburgo, Hildesheim, Isernhage…..O equipo de fútbol compite nunha liga provincial na que acada a miudo moi boa clasificación.

Entre as actividades culturais que desenvolven ó longo do ano destacan a celebración do Día das Letras Galegas, Festa Europea, Día do socio (unha vez ó mes), así como recitais de música e folclore galego e impartición de conferencias sobre Galicia.

En canto ás actividades recreativas suliñar as Festas de Aninovo, Reis, Entroido, Festa do Lacón, Festa do Magosto, Día do Pai, Día da Nai, etc. e a realización de viaxes culturais por toda Alemania; ademais participa como membro da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania en todas as xuntanzas e celebracións que esta leva a cabo.